viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

O Supremo anula o toque de queda e a limitación das reunións en Baleares

Turistas en Menorca. DAVID ARQUIMBAU (EFE)
Turistas en Menorca. DAVID ARQUIMBAU (EFE)
O tribunal considera que o goberno autonómico non xustificou adecuadamente as medidas

O Tribunal Supremo anulou o toque de queda e a limitación das reunións a seis persoas nas illas Baleares ao considerar que o goberno autonómico non xustificou adecuadamente estas medidas, que restrinxen dereitos fundamentais dos cidadáns, informan a Efe fontes xurídicas.

A sección cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo da alto tribunal estimou parcialmente o recurso interposto pola Fiscalía contra o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares que si avalou estas medidas do goberno balear, previstas ata o vindeiro domingo, 6 de xuño.

De acordo ás fontes consultadas, o Supremo non discute que non haxa marco legal para establecer estas medidas, senón que considera que o executivo autonómico non o fixo de forma proporcionada.

O Supremo anula o toque de queda e a limitación das reunións en...
comentarios