Toni Cantó é tentado polos opositores a Rosa Díez en UPyD

Está "a estudar" se se presenta nalgunha lista no congreso do partido do 11 de xullo

O exdeputado de UPyD e actor Toni Cantó está a sopesar a idea de volver á primeira liña da política. A iso anímano as chamadas que lle fixeron Irene Lozano e outras dúas candidaturas para sumarse ás listas do bando contrario a Rosa Díez no congreso extraordinario que Unión, Progreso y Democracia celebrará o 11 de xullo.

"Estou a estudalo. Vou falar con todos eles e segundo o que escoite tomarei unha decisión. Hai que pegarlle un cambio importante ao partido", explicou Cantó en declaracións que recolle El País.es.

Centrado actualmente na súa carreira como actor, Cantó deixou os seus cargos en UPyD en abril por discrepancias con Rosa Díez e o aparato do partido, ao ser partidario de chegar a acordos con Ciudadanos que ao final non se plasmaron.

Comentarios