Teresa Romero: "Supliquei que me axudasen a morrer"

A enfermeira de orixe becerrense relata a súa loita contra o ébola nunha revista: "Sentía que a morte me axexaba, un ente apoiado no meu ombreiro"
Teresa Romero, a su llegada a los juzgados de Madrid para declarar sobre su contagio
photo_camera Teresa Romero, a su llegada a los juzgados de Madrid para declarar sobre su contagio

Teresa Romero, a enfermeira con orixes en Becerreá que sobreviviu ao ébola, narra a súa terrible experiencia coa enfermidade a través dun artigo publicado na revista Enfermería Clínica e asinado por tres profesionais do Hospital La Paz-Carlos III. O testemuño de Romero é arrepiante e moi duro. "Era inevitable pensar nos dous pacientes con enfermidade polo virus do Ébola repatriados de África que atendera e do seu triste final. Véxome no mesmo destino, o pánico apodérase de min, non quero durmir, sentía que se o facía xa non volvería espertar", rememora a profesional sanitaria. 

"Confortábame saber que tiña conectada unha bomba de perfusión onde se podía ler a palabra morfina"

Un dos peores momentos chegou o 8 de outubro, cando os seus pulmóns empezaron a fallar. "Entón entraron dous compañeiros para aumentar o caudal de osíxeno. Mireilles e supliqueilles que me axudasen a morrer", di. "O resto do mundo non existía, soamente era eu loitando por sobrevivir. Confortábame saber que tiña conectada unha bomba de perfusión onde se podía ler a palabra morfina", prosegue Romero, que en todo momento, di, sentía como lle axexaba a morte" como "un ente apoiado" no seu ombreiro.

Ademais de contra o medo e a incerteza, tamén tivo que loitar contra a soidade, tal e como confesa: "O resto do mundo non existía, soamente era eu loitando por sobrevivir. Confortábame saber que tiña conectada unha bomba de perfusión onde se podía ler a palabra morfina".

O artigo recolle tamén o momento no que lle comunicaron que gañara a batalla: "Eu, lonxe de alegrarme por tan esperada noticia, rompo a chorar polo recordo do meu can, executado polas autoridades sanitarias o 8 de outubro de 2014", revela.

Comentarios