Un suposto 'Equipo A' afirma rescatar aos cans da Palma

Deixaron unha pancarta no lugar coa seguinte mensaxe: "Forza A Palma. Os cans están ben"
Pancarta en La Palma. TWITTER
photo_camera Pancarta en La Palma. TWITTER

Na mañá deste xoves un suposto Equipo A  rescatou aos cans que estaban atrapados pola lava na Palma.

No lugar deixaron unha pancarta coa seguinte mensaxe: "Forza A Palma. Os cans están ben". á que engaden a súa firma como Equipo A. 

Adicionalmente circula por redes sociais un vídeo no que os animais parecen xa estar a salvo, aínda que a veracidade do contido non puido ser contrastada. 

DRONES GALEGOS.  Os drones especificamente reformados pola firma lalinense Aerocámaras para intentar rescatar aos cans cercados pola lava naa non puideron dar cos animais este mércores, no seu primeiro día de procura.

 

Este xoves íase a renovar a procura dos animais Ademais, púidose comprobar que, de estar os cans pola zona, disporían de varios recipientes con auga a unha temperatura que rolda os 17º, polo que non se atoparían deshidratados.

Comentarios