'Cazado' o agresor gravado na Diagonal

O mozo que foi gravado por un amigo propinando unha patada a unha muller que esperaba para cruzar nun semáforo da avenida Diagonal de Barcelona foi localizado e imputado pola Policía Nacional.

O agresor foi identificado como Mario G.M., de 24 anos, un veciño de Talavera de la Reina (Toledo), quen puntualmente se trasladou a Barcelona eel pasado fin de semana xunto a uns amigos.

En determinado momento da noite ao mozo ocorréuselle agredir á muller, sen que aparentemente existise ningunha discusión nin conflito previo. Os seus amigos encargáronse de divulgar o vídeo a través das redes sociais.

Comentarios