Campaña nas redes

Seguen a buscar a peregrina estadounidense desaparecida en Astorga

A Policía Nacional e a Garda Civil arrincan unha campaña nas redes sociais na que solicitan a colaboración cidadá para dar co seu paradoiro
Cartel de búsqueda de la desaparecida
photo_camera Cartel de búsqueda de la desaparecida

Segue a procura da peregrina estadounidense desparecida hai xa case un mes ao seu paso por Astorga. A Policía Nacional e a Garda Civil buscan a Denise Thiem, de 41 anos e orixe chinesa, que estaba a realizar o Camiño de Santiago e que desapareceu na contorna do municipio leonés.

Os últimos datos que se teñen desta muller, de acordo con informacións de axénciaa Europa Press no seu portal web, datan da noite do 3 ao 4 de abril, cando se aloxou nun albergue de Hospital de Órbigo. Ademais, o día 4, a desaparecida enviou un correo electrónico a unha amiga contándolle que se dirixía a Astorga, informaron fontes da Subdelegación do Goberno.

É a partir do día 5 de abril cando se perde a pista da peregrina. O día 20 de abril, o seu irmán trasladouse a España e presentou unha denuncia de desaparición na Comisaría de Madrid-Barallas, momento no que comezaron os labores de procura, que, polo momento, non deron froitos.




Comentarios