Mátase cando facía un 'selfie' en Sevilla

Unha moza polaca que resultou onte ferida de gravidade tras caer desde o pretil que rodea o paseo fluvial da rúa Betis de Sevilla cando facía un autorretrato faleceu hoxe, segundo confirmou hoxe o alcalde sevillano, Juan Ignacio Zoido.

A moza era unha estudante Erasmus que se atopaba de visita na cidade no momento no que, ao intentar facerse un autorretrato coa paisaxe da capital sevillana de fondo, perdeu o equilibrio e precipitouse desde sete metros de altura ao camiño dos baixos do Guadalquivir.

O suceso ocorreu sobre as 00:34 horas e ata o lugar do suceso trasladáronse unha UVI Móbil e unha unidade de soporte vital básico do 061, que atenderon á moza "que estaba en parada cardiorrespiratoria".

Fontes do hospital Virxe do Rocío, onde foi hospitalizada, non quixeron confirmar a noticia do falecemento ata que informen á familia da vítima.

Comentarios