Sanidade recomenda tomar paracetamol antes de recibir a vacina de AstraZeneca

Decenas de docentes que recibiron a picada a fin de semana en Madrid pediron a baixa o luns polos efectos secundarios
Un sanitario se prepara para administrar una vacuna de AstraZeneca. EUROPA PRESS
photo_camera Un sanitario prepárase para administrar unha vacina de AstraZeneca. EUROPA PRESS

O Ministerio de Sanidade recomenda tomar unha dose de 1 gramo de paracetamol de forma previa a recibir a vacina de AstraZeneca para minimizar os efectos adversos que está a observar que produce.

Nas últimas horas foi rechamante que decenas de profesores que foron vacinados esta fin de semana na Comunidade de Madrid non acudiron a impartir clase o luns polos efectos secundarios da dose de AstraZeneca.

Só en Leganés, un dos municipios onde se vacinou aos docentes durante sábado e domingo, máis de medio centenar pediron a baixa o luns. 

Os sindicatos critican que as inoculacións non se fagan dun xeito graduada para evitar que haxa moitas baixas simultáneas nos centros educativos.

Algúns dos efectos que describen os que recibiron a picada coa vacina de AstraZeneca son febre alta e dores musculares, que se manifestan ás 24 de recibir a dose e duran arredor dun día.

PARACETAMOL. O Ministerio de Sanidade, na cuarta actualización da estratexia de vacinación, recomenda a administración de paracetamol de forma previa a recibir a picada de AstraZeneca para evitar os seus efectos adversos. 

Ante estas reaccións "locais e sistémicas leves frecuentes", Sanidade suxire utilizar doses de 1 gramo de paracetamol previas á vacinación, seguidas de 1 gramo cada 6 horas durante as 24 horas seguintes á picada. 

Con iso, indica Sanidade, redúcese "significativamente" a dor local, febre, cefalea e o malestar que pode ocasionar esta vacina.

Comentarios