Sanidade cambia o sistema de reconto e engade 1.623 falecidos por covid máis desde marzo

Desde o inicio da pandemia perderon a vida 38.118 persoas en España
Un sanitario realiza un test de antígenos. EFE
photo_camera Un sanitario realiza un test de antíxenos. EFE

O novo sistema de reconto do Ministerio de Sanidade posto en marcha este mércores elevou a 38.118 falecidos o saldo total de vítimas mortais desde o inicio da pandemia tras incorporar de golpe 1.623 novas defuncións por un cambio no método estatístico. Corrixe ademais a serie histórica de casos de covid-19 incluíndo 25.042 contaxios máis, de maneira que a cifra acumulada de infectados alcanza os 1.284.408 en España desde marzo.

Ademais, as comunidades notificaron a Sanidade 8.924 novos positivos nas últimas 24 horas, e Madrid sitúase á cabeza de novos diagnósticos, con 1.942; seguida de Cataluña, con 1.616; País Vasco, con 1.166, e Aragón, con 792. Ademais, a incidencia acumulada (casos por cada 100.00 habitantes) dos últimos 14 días foi de 528,75. 

Sanidade introduciu este mércores un novo sistema de reconto de contaxios, polo que anunciou que podería rexistrarse un aumento dos casos e os óbitos respecto das cifras dos pasados meses, mentres que os enfermos ingresados en hospitais e en ucis poderían diminuír. Entre as novidades introducidas, vólvense a reportar como falecidos os casos sospeitosos cun criterio clínico moi alto, independentemente da proba diagnóstica, e que se contabilizan tanto os contaxios confirmados por probas pcr e de antíxenos.

Dos 888 falecidos nos últimos 7 días, 153 tiveron lugar en Andalucía, 139 en Madrid, e 92 en Aragón. Ademais, Navarra continúa á cabeza de incidencia acumulada, con 1.172, seguida do País Vasco, con 1.106. Por encima do milleiro de casos por cada 100.00 habitantes tamén se atopa Melilla, con 1.424, mentres que Canarias segue sendo a comunidade con menos incidencia e non chega ao centenar (71,93).

A data de 3 de novembro había 30.325 enfermos de covid ingresados nos hospitais españois, que rexistraban unha ocupación do 16,4%; e deles, 2.786 estaban nas ucis, cunha presión en coidados intensivos do 29,11%. Na semana comprendida entre os días 25 e 31 de outubro realizáronse 914.848 probas diagnósticas, que arroxaron unha positividad do 13,34%.

En Europa, Rusia segue á cabeza de contaxios, con 1.673.686 positivos; mentres que Francia sitúase no segundo lugar, con 1.502.763, e Reino Unido no cuarto, con 1.073.882.

A nivel mundial, Estados Unidos está en primeiro lugar con 9.268.818 casos, e séguelle India, con 8.267.623, e Brasil, con 5.545.705. O covid causou a morte de 1.207.327 persoas no planeta.

Comentarios