Sánchez, tras a noticia da investigación xudicial á súa esposa: "Sigo crendo na Xustiza"

A apertura de dilixencias contra Begoña Gómez estaría relacionada cun presunto delito de tráfico de influencias polas relacións con varias empresas que accederon a adxudicacións públicas
Pedro Sánchez, en el Congreso. EFE
photo_camera Pedro Sánchez, en el Congreso. EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, saíu ao paso este mércores da noticia da decisión dun xuíz de abrir dilixencias contra a súa esposa, Begoña Gómez por suposto tráfico de influencias e afirmou: "Nun día como hoxe e logo das noticias que coñecín, a pesar de todo, sigo crendo na Xustiza do meu país, na súa autonomía e na súa independencia".

Con xesto moi serio, Sánchez respondeu así no Congreso á pregunta do portavoz de ERC, Gabriel Rufián, que dixo entender ao presidente porque cre que está "a sentir nas súas carnes a guerra sucia".

O xefe do Executivo parecía facer referencia a unha información do Confidencial acerca da apertura de dilixencias contra a súa esposa por un presunto delito de tráfico de influencias polas relacións con varias empresas que accederon a adxudicacións públicas.

"¿Cre vostede na Xustiza?", é a pregunta concreta que lle formulou Rufián. "Pois fíxese, vou ser moi conciso —respondeu Sánchez, co aspecto serio—. Nun día como hoxe, e logo das noticias que coñecín, a pesar de todo, sigo crendo na Xustiza do meu país".