Sánchez, enfadado, forza un receso no cume da UE: "Voume a airear"

Expresou a súa queixa polo feito de que haxa filtracións e levantouse da mesa
Pedro Sánchez. EFE
photo_camera Pedro Sánchez. EFE

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, forzou este venres un receso na reunión do Consello Europeo que debate acordar algunha medida en materia enerxética, tras mostrar o seu enfado por filtracións do cume na que se lle acusa de estar disposto a vetar as súas conclusións. "Me strong <>vou airear un intre, a ver se atopan unha solución técnica", comentou.

Os líderes da UE debaten durante a xornada a posibilidade de adoptar algunhas solucións para intentar frear o incremento dos prezos da enerxía. 

Sánchez veu reclamando esas solucións conxuntas desde hai meses, pero tras constatar que non é posible que haxa un acordo común que se aplique de forma inmediata, reclamou que se permitan medidas específicas para aplicar na Península Ibérica ao ser España e Portugal o que se cualifica dunha "illa enerxética".

No medio do debate, que está a ser "intenso", segundo fontes españolas, o presidente do Goberno leu un tuit dun xornalista de France 24 no que se lle acusaba de estar disposto a vetar as conclusións do cume se non se atendía a súa demanda de controlar os prezos.

Expresou a súa queixa polo feito de que haxa filtracións e levantouse da mesa, o que levou ao presidente do Consello Europeo, Charles Michel, a anunciar un parón técnico da reunión.

As fontes españolas afirman que Sánchez está a participar con ánimo "construtivo", "non vetou nada" e estase batendo o cobre" en defensa da súa proposta, xa que considera que non pode acabar o cume sen que haxa solución algunha.

Tras o receso, os líderes europeos han volto á sala da reunión, e, segundo fontes comunitarias, están a meditar o novo texto "moi activamente". 

Comentarios