Sánchez anuncia que proporá os indultos do procés este martes no Consello de Ministros

Anunciouno nun acto no Liceu de Barcelona
Pedro Sánchez puso fecha al fin de las mascarillas al aire libre durante la clausura de la reunión del Cercle de Economía, en Barcelona EFE JPG
photo_camera Pedro Sánchez. EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este luns en Barcelona que este martes proporá ao Consello de Ministros aprobar os indultos aos líderes independentistas do procés.

Na súa intervención, Sánchez xustificou os indultos aos nove dirixentes independentistas do procés pola "súa utilidade pública" e porque é "necesaria" esta medida "en determinados momentos".

Nunha conferencia en Barcelona que virou sobre o reencontro en Cataluña, subliñou que os indultos non cuestionan a sentenza condenatoria, senón que supón outro plan. Ante iso, pediu aos que non están de acordo coa medida que recoñezan "a súa plena legalidade e a súa absoluta constitucionalidade".

Subliñou que é consciente de que parte da sociedade catalá e española oponse á súa concesión, pero reivindicou que "o futuro ten que importar máis que o" pasado e que esta medida "dará a todos a posibilidade de empezar de novo e facer as cousas mellor".

"Se hai un momento para unirnos é este ,"sentenciou o presidente, que avogou polo "diálogo" fronte "á confrontación", pois esta última "non serviu para resolver ningún conflito".

PROTESTA. Centenares de independentistas concéntranse desde aproximadamente as 10.30 horas nas Ramblas de Barcelona, enfronte dun Gran Teatre do Liceu blindado polos Mossos d'Esquadra, para protestar pola visita do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Sánchez pronuncia desde as 12.00 horas no Liceu unha conferencia titulada Reencontro: un proxecto de futuro para toda España, coa expectativa dunha inminente concesión dos indultos para os líderes independentistas en prisión.
 

Comentarios