Sánchez anuncia medidas para reforzar a seguridade das mulleres

Pedro Sánchez JAVIER LIZÓN
photo_camera Pedro Sánchez. JAVIER LIZÓN

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este mércores que o Consello de Ministros aprobará medidas proximamente "para reforzar a seguridade das mulleres" tras a o asasinato da profesora Laura Luelmo no Campillo (Huelva). 

Sánchez fixo este anuncio no seu debate semanal co presidente do PP, Pablo Casado, quen lle esixiu non derrogar a prisión permanente revisable porque é a "mellor fórmula para evitar" a reincidencia e facer que "os asasinos e violadores estean no cárcere". 

Na sesión de control ao Goberno no Pleno do Congreso, o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, recalcou a Casado que a prisión permanente revisable está "en vigor" e con todo "non evitou desgraciadamente este cruel asasinato".
 
Ademais, indicou que a posición do Goberno socialista será non derrogar esta medida ata non coñecer a posición do Tribunal Constitucional e avanzou que o Consello de Ministros exporá medidas de mellora para a seguridade das mulleres en defensa das súas liberdades.