Sánchez abrirá o curso político cun pleno do Senado o 8 de setembro

A comparecencia chegará despois de que se reúna esta semana cos líderes dos grupos parlamentarios
Pedro Sánchez. EFE
photo_camera Pedro Sánchez. EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, abrirá formalmente o curso parlamentario cunha comparecencia a petición propia no Senado o vindeiro martes 8 de setembro para informar os plans e os obxectivos do Executivo para os próximos meses.

Así o avanzou o portavoz do PSOE no Senado, Ander Gil, que remarcou que a comparecencia se produce nun momento decisivo, na antesala da tramitación dos orzamentos xerais do Estado e nun momento "extremadamente importante para o futuro de España".

Gil celebrou que Sánchez elixa a Cámara Alta para dar comezo ao período de sesións parlamentario, demostrando así, unha vez máis, "o seu respecto pola Cámara territorial”.

A comparecencia de Sánchez chegará despois de que se reúna esta semana cos líderes dos grupos parlamentarios e os presidentes autonómicos. 

Comentarios