"¿Saben a diferenza entre 'Paca la Piraña' e Abascal? Que 'Paca la Piraña' fixo a mili"

Pablo Iglesias responde as afirmacións de Espinosa de los Monteros sobre a lei trans
Pablo Iglesias. J.J. GUILLÉN (Efe)
photo_camera Pablo Iglesias. EFE

O secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, acusou ao vicepresidente segundo, Pablo Iglesias de ser "a violencia nas rúas personificada" e de ser o principal instigador dos últimos disturbios acaecidos en diversas manifestacións.

Pola súa banda, Iglesias replicou que a única forza política que alenta o "terrorismo de estado" e a violencia nas rúas de ultradereita é Vox, precisamente os seus socios en varias comunidades e concellos.

De feito, o vicepresidente advertiu ao PP que pensan que parecéndose a Vox permitiralles "gañar a batalla cultural" na dereita, pero augurou que ao final quedarán "fagozitados" polo partido que dirixe Santiago Abascal.

Proba diso, é que voten con Vox no Concello de Madrid a favor de borrar un mural feministas e de alimentar o seu discurso ao "esnaquizar" un memorial ás vítimas do franquismo que estaba planificado no cemiterio da Almudena (Madrid).

Ao final da súa intervención, Iglesias aludiu a unha intervención previa do portavoz de Vox no Congreso, Ivan Espinosa de los Monteros, sobre a lei trans. "¿Saben a diferenza entre Paca la Piraña e (Santiago) Abascal? Que Paca la Piraña fixo a mili", lanzou a Vox.

Comentarios