'Público' bota o peche o vindeiro domingo

O diario Público pechará a súa edición en papel o vindeiro domingo, cando se citará por última vez cos seus lectores, a quen seguirá informando desde a súa web, informaron fontes do xornal.

As mesmas fontes sinalaron que o diario La Voz de Asturias seguirá publicándose, xa que o seu menor custo permite posibles solucións cos provedores e o seu problema de caixa non é tan perentoria como o que levou ao seu último día a Público. A propiedade do diario Público, xornal que estaba en concurso de acredores, do mesmo xeito que La Voz de Asturias, buscou novos investidores sen conseguilo.

Unha vez transcorrido o prazo que se deu para lograr ese obxectivo, e ante as malas perspectivas de cumprilo, solicitou, en común acordo cos administradores concursais, o cesamento parcial da actividade.

Comentarios