Procesan pola fraude dos ERE a Chaves e Griñán, que anuncian a súa baixa voluntaria do PSOE

O maxistrado Martín sostén nun auto notificado este mércores que tanto eles como seis exconselleiros "terían cometido un delito de prevaricación" que non inclúe penas de prisión, aínda que a Griñán impútalle tamén outro de malversación

O xuíz procesou aos expresidentes de Andalucía Manuel Chaves e José Antonio Griñán e seis exconselleiros de tras concluír a peza "política" dos ERE relativa ao procedemento empregado pola Junta para pagar axudas a empresas.

Nun auto notificado este mércores, ao que tivo acceso Efe, o maxistrado de reforzo do xulgado de instrución 6 de Sevilla, Álvaro Martín, considera que ambos os expresidentes socialistas cometerían un delito de prevaricación administrativa, que non inclúe penas de prisión, aínda que a Griñán tamén lle imputa malversación.

Esta peza, denominada tecnicamente do procedemento específico, é a primeira que se conclúe dentro do caso dos ERE, e nela o xuíz deixa fóra dos acusados inicialmente a 24 ex altos cargos, entre eles os exconselleiros Antonio Ávila, Martín Soler e Manuel Recio así como o presidente de Unicaja, Braulio Medel.

BAIXA VOLUNTARIA. Os expresidentes andaluces comunicaron a súa baixa voluntaria no PSOE, ante o procesamiento polo caso dos ERE fraudulentos, informaron a EFE fontes socialistas.

Chaves e Griñán adoptaron esta decisión en virtude do que establece o código ético do PSOE, no que se afirma que os afiliados aos que se lles abra xuízo oral por un delito relacionado coa corrupción serán suspendidos preventivamente de militancia.

Os dous expresidentes xa renunciaron ao seu cargo de deputado e senador, respectivamente, en xuño do pasado ano tras ser inculpados polo Tribunal Supremo no caso dos ERE fraudulentos, aínda que seguiron afiliados ao partido.

O código ético estipula que en caso de ditarse unha sentenza condenatoria firme, serán sancionados coa expulsión do partido.

Comentarios