O primeiro día de deporte e paseo deixou 119 detidos e 16.409 propostas de sanción

Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Un control policial en Vigo este fin de semana. EFE

As forzas de seguridade detiveron este sábado, primeiro día de alivio do confinamento con deporte e paseos permitidos, 119 persoas e levantaron 16.490 propostas de sanción. O día anterior contabilizáronse 93 arrestos e 16.108 actas.

Segundo informou o Ministerio do Interior na súa conta de Twitter, desde o inicio do estado de alarma, os diferentes corpos policiais arrestaron 7.073 persoas e levantaron 786.323 propostas de sanción.

Por corpos policiais, o maior número de arrestos corresponde á Policía Nacional (3.288), seguida das locais (1.976), a Garda Civil (1.069), os Mossos (438), Ertzaintza (292), Policía Foral (9) e un á Policía Canaria.

BOTELLÓNS. Este mesmo fin de semana, na madrugada do sábado ao domingo, a Policía Municipal de Madrid interveu en preto dunha trintena de pequenos botellóns en distintos distritos da capital con mozos aos que se lles propuxo unha sanción por saltarse o estado de alarma e outra por consumo de alcol na vía pública.

Segundo fontes municipais, en cada reunión había entre cinco e 12 persoas, a maioría novas. As propostas de sanción levarían aparelladas multas que sumarían uns 1.000 euros.

Comentarios