A Policía investiga unha violación en grupo a unha moza en Valencia

A vítima tería sido agredida sexualmente por varios individuos, tras ser previamente drogada
Un coche de la Policía Nacional. AEP
photo_camera Un coche da Policía Nacional. AEP

A Policía Nacional investiga unha posible violación en grupo que denunciou unha moza de 20 anos e que, segundo a súa declaración, ocorreu o martes pola noite no barrio valenciano de Patraix.

Segundo informaron a EFE desde a Policía Nacional, nestes momentos aínda non dispoñen de datos, máis aló do sinalado pola moza: cara ás 22 horas dese día foi drogada e agredida sexualmente por varios individuos, aparentemente norteafricanos.

A moza foi auxiliada por unha muller, pero o feito de estar aparvada cando sucedeu todo complica o esclarecemento dos feitos. Foi trasladada ao Hospital Clínico, onde recibiu atención médica, que confirmou que estaba baixo efectos dalgún tipo de droga. 

A Unidade de Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional fíxose cargo da investigación, como adianta este xoves o diario As Provincias.