Podemos terá que pagar o avogado de Aguirre


?O Govern querelarase contra MAR por dicir que a Mas ''lle falta un fusilamento''



Podemos foi condenado a pagar as costas do avogado de Esperanza Aguirre por non presentar o poder notarial no acto de conciliación do martes, segundo aseguraron hoxe a Efe fontes xurídicas.

Este feito obrigou a suspender o acto de conciliación entre Esperanza Aguirre e Podemos convocado por mor da querela interposta contra a presidenta do PP de Madrid por unhas declaracións nas que acusou o eurodiputado Pablo Iglesias de apoiar a ETA e o castrismo.

A falta dun poder notarial que permitise ao promotor e portavoz de Podemos Juan Carlos Monedero representar á súa formación política neste trámite, previo ao posible desenvolvemento xudicial da querela, obrigou a dar por concluído o acto de conciliación.

Os escritos enviados por Podemos para solucionar o trámite e dar inicio ao acto de conciliación non serviron para liquidar esta cuestión porque, segundo Podemos, José Carlos Velasco, o avogado de Aguirre, invalidouno ao entender que non servían como poder notarial.

Unha circunstancia que levou a Monedero a acusar o PP de valerse de argucias "legais" para atrasar o proceso; e a Aguirre a ironizar con que Podemos logrou reunir 14.000 euros a través do 'crowfunding' para soster os gastos da querela pero non foron capaces "nin de presentar o poder notarial".

Na súa demanda, Podemos solicitaba que Aguirre pagase 100.000 euros máis as costas só por comentar noticias de varios medios de comunicación, segundo dixo ás portas dos xulgados a presidenta do PP madrileño.

Comentarios