Perde o brazo ao sacalo polo portelo do coche

Un home de 28 anos que ía de pasaxeiro nun coche e que sacara un brazo polo portelo do vehículo perdeu esta extremidade nun accidente, que ocorreu onte á noite na estrada que vai de Eivissa a Sant Antoni de Portmany.

Segundo informou o 061, o accidentado levaba un brazo fóra do automóbil cando, ao pasar demasiado preto dunha reixa, esta amputoulle a extremidade ata o cóbado.

Unha ambulancia trasladou o ferido ao hospital de Can Misses, pero a gravidade da lesión obrigou a que o helicóptero da Garda Civil o levase ata Son Espases, en Palma.

O brazo amputado foi localizado e recuperado a varios quilómetros do accidente, ocorrido sobre as 23.35 horas, co que o helicóptero do instituto armado trasladou a extremidade ao hospital Son Espases, para intentar que fose reimplantado.

No entanto, fontes do centro hospitalario informaron de que debido ás lesións a reimplantación do membro non foi posible.

Comentarios