Piden cárcere para o home que golpeou o coche de Sánchez nunha visita a Ceuta

Enfróntase a catro anos de prisión por dous delitos de resistencia e desobediencia grave á autoridade, co agravante de reincidencia
El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez. EFE
photo_camera O presidente do Gobierno, Pedro Sánchez. EFE

O home que golpeou o coche do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en sinal de protesta pola súa visita a Ceuta tras as avalanchas de miles de persoas pola fronteira con Marrocos enfróntase a catro anos de prisión por dous delitos.

A Fiscalía de Ceuta solicitou esta pena por dous delitos de resistencia e desobediencia grave á autoridade, co agravante de reincidencia, logo de saltarse os cordóns policiais para insultar e golpear o vehículo oficial no que viaxaba Sánchez xunto ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

Os feitos ocorreron o 18 de maio de 2021 cando Pedro Sánchez visitou oficialmente a cidade autónoma logo das avalanchas de inmigrantes pola fronteira con Marrocos, segundo informaron a EFE fontes xudiciais.

á súa saída do heliporto civil de Ceuta un grupo de persoas concentrouse diante da instalación aeroportuaria para expresar a súa protesta pola situación que se produciu no paso fronteirizo coa entrada de miles de inmigrantes marroquís.

O home, que é único imputado, tamén se enfronta a unha multa de 12 euros diarios durante dous anos así como ao pago de 252 euros en concepto de responsabilidade civil polos danos causados a un vehículo oficial.