O PDeCAT retira a moción que instaba a abrir un diálogo co Goberno tras a negativa de ERC

A abstención dos republicanos puxera en perigo a súa aprobación no Congreso

Pedro Sánchez recibe a Quim Torra. BALLESTEROS
photo_camera Pedro Sánchez recibe a Quim Torra. BALLESTEROS

O PDeCAT decidiu retirar a moción presentada no Congreso dos Deputados que instaba o Goberno a abrir un proceso de diálogo político coa Generalitat "no marco da lexislación vixente".

Segundo informaron a Efe fontes da formación, o PDeCAT optou finalmente por retirar ese texto, despois de que a abstención anunciada de ERC puxera en perigo a súa aprobación este xoves na Cámara Baixa.

O PSOE e o PDeCAT pactaran a moción, que se debateu este mércores no pleno do Congreso -aínda que se votaba o xoves- e que instaba o Goberno de Pedro Sánchez a abrir un proceso de diálogo político coa Generalitat "sen imposicións nin impedimentos" pero, iso si, "no marco da lexislación vixente".

Pero o partido herdeiro de CDC retirouna, pouco logo de coñecerse que a abstención de ERC, con quen comparten o goberno da Generalitat.

Aínda que a vicepresidenta do PDeCAT e deputada no Congreso, Miriam Nogueras, nunhas declaracións á prensa en Barcelona, achacou a retirada a unha perda do "fío de confianza" co PSOE por votar no Senado xunto co PP unha moción en defensa da unidade de España e que esixe ao Goberno que impida o uso de fondos públicos para promover referendos de secesión.

"Tomamos esta decisión porque o PSOE intentounos coar un gol", engadiu Nogueras, que acusou aos socialistas de estar "a xogar" co diálogo.

A deputada aseverou que o PDeCAT quere "falar de autodeterminación sen límites" e que "disto ía a moción" no Congreso, pero o PSOE, ao seu xuízo, optou por, paralelamente, "pechar vías" ao diálogo votando xunto ao PP a outra moción no Senado.

Nogueras asegurou que "a versión" que tiña ela inicialmente é que ERC votaba a favor da moción do PDeCAT no Congreso e, así, suxeriu que os republicanos cambiaron de criterio. 

Comentarios