Pablo Iglesias ofreceulle ao xuíz José Castro ir na candidatura de Podemos

O xuíz rexeitou a oferta porque a súa solicitude para reincorporarse á carreira xudicial foi aceptada
El secretario general de Podemos, Pablo Iglesias
photo_camera El secretario general de Podemos, Pablo Iglesias

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, confirmou que lle ofreceu ao xuíz José Castro formar parte da candidatura de Podemos, oferta que rexeitou porque foi aceptada a súa solicitude para reincorporarse á carreira xudicial.

"Díxome: se non me aceptaran na reincorporación claro que iría na lista. Sería unha honra, pero quédame un traballo que facer como xuíz. Só poido sentir a miña admiración por alguén que pon o seu traballo por riba do que implicaría que nos axudase", explicou Iglesias.

Ademais,  preguntado sobre as críticas lanzadas polo portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, contra a estratexia de Podemos para elaborar as súas listas electorais, Iglesias asegurou que o político galego é un "referente" para el e que todas as súas "críticas e opinións" son "unha honra". "Poucos como el saben o que significa o que é asumir o peso dun liderado forte. Aprendín del como non aprendín de ninguén. Unha honra recibir as súas críticas".

Respecto das estratexias políticas e a vía independentista aberta en Cataluña, Iglesias rexeitou este mércores a decisión do Consello de Ministros de recorrer ante o Tribunal Constitucional a resolución independentista aprobada polo Parlament e pedir a suspensión dos seus efectos porque "recorda a outra época" e revela "o mal perder" do "búnker" que forman, ao seu xuízo, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e os líderes do PSOE e Cidadáns, Pedro Sánchez e Albert Rivera. Segundo Iglesias, "falar de prohibicións en 2015 é un despropósito".

Así mesmo, Iglesias criticou ao líder socialista, quen este mércores lle pediu "respectar a Constitución". "Pedro Sánchez non terminou de entender a dimensión do conflito. Cando lle escoito dicir que o problema se soluciona trasladando o Senado a Barcelona teño a sensación de que algúns padecen dunha grave miopía política", denunciou.


|

Comentarios