Os camioneiros anuncian un peche patronal de tres días antes de Nadal

Denuncian o "abandono" do Goberno e convocan o paro entre o 20 e o 22 de decembro
Huelga del transporte en Lugo en 2008. ARCHIVO
photo_camera Huelga del transporte en Lugo en 2008. ARCHIVO

O departamento de Mercancías do Comité Nacional dos Transportes por Estrada (CNTC), entidade que reúne co Goberno a todos os axentes do sector do transporte, declarou tres xornadas de peche patronal antes de Nadal polo "estado de abandono por parte do Goberno". Os peches serán entre o 20 e 0 22 de decembro.

O departamento de Mercancías do CNTC subliñou que se esgotou a paciencia do sector", así como as canles "razoables" de negociación. As empresas tamén acusan aos seus clientes dunha "absoluta falta de sensibilidade" polo conxuntura económica, así como de aproveitarse da "súa posición de dominio" outorgada pola actual regulación. 

 

"Só un cambio radical e urxente por parte do Goberno e clientes podería evitar este conflito", alertou o departamento de Mercancías do CNTC.  O organismo criticou a prohibición de que os condutores realicen carga e descarta de camións, a non implementación de la Euroviñeta e a aplicación obrigatoria da cláusula de revisión do custo de combustible.

 

Tamén bota en falta a construción de áreas de descanso "seguras" para os profesionais do transporte de mercancías. 

Comentarios