Barcelona prevé retirar a Medalla de Ouro concedida á infanta Cristina en 1997

A proposta, presentada por ERC, contou tamén co apoio dos concelleiros de Barcelona en Comú, CiU, PSC e a CUP. Ciudadanos e PP abstivéronse
La infanta Cristina, en una imagen de archivo
photo_camera La infanta Cristina, en una imagen de archivo

A comisión de Presidencia do Concello de Barcelona instou o goberno da alcaldesa Ada Colau a iniciar inmediatamente os trámites administrativos necesarios para a revogación, pola súa imputación por fraude fiscal, da Medalla de Ouro de Barcelona á infanta Cristina.

O Concello de Barcelona outorgou a Medalla de Ouro de Barcelona á infanta Cristina de Borbón en xuño de 1997 e o alcalde Pasqual Maragall entregoulla o 22 de setembro de 1997, días antes de contraer matrimonio con Iñaki Urdangarín na capital catalá, onde residía desde 1992.

A proposta para retirar a medalla á Infanta, que presentou ERC, aprobouse nunha votación nominal cos votos a favor de 12 concelleiros, os republicanos, os de Barcelona en Comú, os de CiU, os do PSC e os da CUP, e a abstención de 3, os dous de Ciutadans e un do PP.

Para facerse efectiva a revogación da medalla, o pleno municipal deberá ratificar a decisión e a alcaldesa Ada Colau asinar o decreto correspondente.

O goberno municipal deberá tamén informar a Cristina de Borbón de que, a partir deste momento e mentres dure o procedemento administrativo, non debe usar o galardón en ningún acto público e que deixa de ter dereito ao tratamento de Excelentísima Señora e de privilexio protocolario nos actos oficiais organizados polo Concello de Barcelona.

Comentarios