Sete novos ingresos hospitalarios entre os 13 casos por virus do Nilo

Son casos localizados en La Puebla del Río e Coria del Río, xunto ás marismas do Guadalquivir

A Consellería de Saúde e Familias de Andalucía informou este sábado de que se produciron sete novos ingresos hospitalarios entre os casos positivos por virus do Nilo confirmados na provincia de Sevilla, que son trece en total.

Xa son 25 os hospitalizados, dos que nove están en UCI, aínda que a diferenza coa cifra de positivos corresponde a pacientes que padecen microencefalicitis pero non teñen confirmado que teñan a súa orixe no virus do Nilo.

Para intentar frear o número de casos activáronse os protocolos necesarios para loitar contra o mosquito que se considera transmisor desta enfermidade.

Son casos localizados en La Puebla del Río e Coria del Río, xunto ás marismas do Guadalquivir, a maioría deles nos últimos catro días, localidades que entre onte e hoxe foron fumigadas para combater ao insecto.

O virus do Nilo Occidental é unha enfermidade que transmítese ás persoas pola picadura de mosquitos e que pode afectar tamén a paxaros, cabalos e outros mamíferos.

En torno ao 80 % das persoas infectadas, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), non experimentan síntomas, mentres que o 20 por cento restante si manifesta sintomatología e no seu diagnóstico máis grave dá lugar a encefalitis ou meninxite, que poden levar a dano cerebral e a morte.

Comentarios