Unha moza sen vacinar, na Uci por covid tras dar a luz

O bebé naceu en Málaga por cesárea con sete meses e atópase fóra de perigo
Unidad de cuidados intensivos de un hospital. EFE
photo_camera Unidade de coidados intensivos dun hospital. EFE

Unha moza de 26 anos que non estaba vacinada, e á que lle tiveron que practicar unha cesárea, atópase ingresada na Uci dun hospital privado de Málaga en estado crítico por un fallo multiorgánico derivado do covid-19. 

A pesar de que faltaban un par de meses para culminar o seu embarazo, os médicos que a atendían consideraron que o bebé corría perigo e practicaron á moza unha cesárea, segundo informou o diario Málaga Hoy. 

O bebé naceu en perfecto estado, aínda que pesa 1,5 quilos, pero a saúde da nai empeorou tras a intervención. Actualmente, atópase ingresada na Uci e o seu estado de saúde é moi delicado. Do mesmo xeito que ela, o seu marido tampouco está vacinado. 

O covid-19 provocoulle á muller un fallo multiorgánico do que os médicos non saben se se vai a poder recuperar. 

As mulleres embarazadas son un colectivo especialmente vulnerable ao covid. Cando empezou a vacinación había dúbidas sobre os efectos secundarios que os soros lles podían causar, polo que, a pesar de que agora hai probas suficientes de que non é así, moitas mulleres preferiron non inmunizarse.