Unha nonaxenaria é a primeira vítima mortal en España por atropelo dun patinete eléctrico

O accidente ocorreu en Esplugues de Llobregat o pasado mes de agosto

2018102600283895797
photo_camera 2018102600283895800

A primeira vítima mortal en España por un atropelo dun patinete eléctrico é unha nonaxenaria de Esplugues de Llobregat. O accidente ocorreu o pasado mes de agosto, pero o caso non transcendera ata este mércores, que o publicou El País.

Dous mozos circulaban pola céntrica rambla do Carme en patinete a unha velocidade lixeiramente superior a 30 quilómetros por hora, segundo os informes xudiciais aos que remite o xornal do grupo Prisa, cando atropelaron á muller de 90 anos. Esta sufriu un impacto no cranio ao golpearse contra o chan e acabou morrendo días despois como consecuencia das feridas.

O caso ocorreu en agosto pero non transcendeu ata agora

A Fiscalía, segundo El País, valora imputarlles unha imprudencia grave pero non un delito contra a seguridade viaria, debido ao limbo xurídico no que se atopa o patinete eléctrico. 

Comentarios