Europa multa a España por depurar mal as augas e podería recortar o acceso a fondos

A sanción, de 22 millóns ao ano, podería estenderse ata 2022

Depuradora de aguas residuales. EP
photo_camera Depuradora de augas residuais. EP

España deberá pagar unha multa cohercitiva de 10,95 millóns de euros ao semestre, ademais doutra suma de 12 millóns de euros por incumprir a normativa da Unión Europea en saneamento de augas en 17 aglomeracións urbanas. Esta situación poderíase estender ata 2022, cando o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán.

Das 17 aglomeracións urbanas afectadas pola sanción, 8 xa están en situación de cumprimento, explicou Hugo Morán, que sinalou que son as de San Pedro de Alcantara (Málaga), Nordés (en Val de Guerra-Tenerife); Benicarló, Peñíscola (Castelló), Teulada Moraira (Rada Moraira, en Alacante), Aguiño-Carreira-Riberia (A Coruña), Santiago de Compostela e Vigo.

Das nove que seguen en situación de incumprimento, catro foron declaradas xa de interese xeral e o Estado está xa traballando nelas; son as de Nerja (Málaga), Matalascañas (Huelva), Barbate (Cádiz) e Xixón este. Os cinco restantes son de competencia autonómica: Alhaurín el Grande (Málaga), Coín (Málaga), Isla Cristina (Huelva), Val de Güimar (Tenerife) e Tarifa (Cádiz).

O secretario de Estado observou que ademais desta sanción, España enfróntase na UE a outros catro procedementos de infracción en materia de saneamento e depuración, e que un deles afecta a aglomeracións cunha poboación de 10.000 habitantes que verten en lugares nos que se require un maior control da contaminación. stas son as de Marín-Poio-Bueu (Pontevedra), Berga (Barcelona), e Figueres e o Terri-Banyoles (Xirona).

Ademais, Morán referiuse ás preto de 2.100 "aglomeracións" con máis de 2.000 habitantes que tamén deberían depurar correctamente as súas augas residuais, e advertiu que 550 están en situación de incumprimento.

O secretario de Estado informou de que para facer fronte a esta situación, o Goberno vai lanzar o Plan Nacional de Depuración, Saneamento, Eficiencia, Aforro e Reutilización (DSEAR, que inclúe unhas 3.500 actuacións concretas e un investimento estimado de 10.000 millóns de euros nos próximos 18 anos.

Morán precisou que dúas terceiras partes desas actuacións corresponden ás comunidades autónomas e un terzo á administración central e aos concellos. 

A CREDIBILIDADE DO PAÍS, "EROSIONADA". A sanción millonaria do Tribunal Europeo "erosiona" a credibilidade do país, resta recursos que se poderían dedicar a mellorar a calidade da auga e ameaza o acceso a posibles fontes de financiamento europeas, segundo Hugo Morán.

O secretario de Estado cualificou de "inadmisible" e de "desastrosa" a situación que se atopou o actual Goberno en materia de depuración de augas residuais e asegurou que o Executivo traballa agora "contra reloxo" para revertela.

Morán informou de que o Estado xa adiantou o pago dos 12 millóns de euros da multa, pero tamén de que o Goberno está a preparar un acordo para levalo ao Consello de Ministros para repercutir esa cantidade sobre as administracións públicas que foron responsables dos incumprimentos.

Comentarios