Unha muller morta e un home ferido por arma de fogo en Astorga

A Subdelegación do Goberno en León cre que se trata dun novo caso de violencia machista

Unha muller de 63 anos morreu este martes nunha vivenda de Astorga (León) no que parece un novo caso de violencia machista, no que tamén resultou ferido por arma de fogo un home duns 60 anos, segundo informou a Efe a Subdelegación do Goberno en León. 

O servizo rexional de urxencias 1-1-2 comunicou na súa páxina web que ás 2.49 horas recibiu unha chamada informando dunha agresión nunha vivenda situada na rúa Santa Colomba, onde se produciron disparos e, ao parecer, podería haber algunha persoa ferida.

O servizo de urxencias informou do suceso ás policías Nacional e Local e a urxencias sanitarias, que enviou un equipo médico e dúas ambulancias.

Na vivenda, os sanitarios confirmaron a morte dunha muller e atenderon a un home, con feridas por arma de fogo, que foi evacuado nunha UVI móbil ao hospital de León.