Morre Pedro Arriola, asesor de Aznar e Rajoy e marido de Celia Villalobos

Tivo un papel decisivo para que o PP chegase ao Goberno en 1996
Pedro Arriola. J.J. GUILLÉN
photo_camera Pedro Arriola. J.J. GUILLÉN

O sociólogo e analista político Pedro Arriola, marido da exministra e exdeputada Celia Villalobos, que foi asesor do PP estreitamente vinculado ao expresidente do Goberno José María Aznar, faleceu en Madrid, segundo confirmaron a Efe fontes do partido.

Nacido en 1948, Arriola era licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Málaga e en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, A súa traxectoria profesional estivo moi vinculada a José María Aznar desde a súa etapa como presidente da Xunta de Castela e León.

Sempre se lle atribuíu un papel decisivo para lograr que Aznar chegase á Presidencia do Goberno grazas ao seu labor como asesor electoral do Partido Popular, que mantivo con strong<> Mariano Rajoy, tanto como xefe da oposición como despois na súa etapa na Moncloa.

Entre 2004 e 2008 formou parte do Comité de Dirección do PP, e o extesoureiro do partido Luís Bárcenas atribuíulle un centenar dos pagos que apuntou na suposta contabilidade en B da formación.

Pedro Arriola estaba casado coa exministra de Sanidade, exdiputada do PP e exvicepresidenta primeira do Congreso Celia Villalobos, con quen tiña tres fillos.