As mortes diarias por coronavirus elévanse a 56 pero estanse revisando os datos de Cataluña

O Ministerio de Sanidade trata de esclarecer as cifras da comunidade catalá despois de que este xoves non puidese presentar os datos pertinentes
El ministro de Sanidad, Salvador Illa. EUROPA PRESS
photo_camera O ministro de Sanidade, Salvador Illa. EUROPA PRESS
A cifra de mortos diarios con coronavirus é por sexto día consecutivo inferior ao centenar ao haberse contabilizado este venres 56 novas defuncións, que suman un total de 28.628, aínda que se están revisando" os datos de Cataluña, que notificou 150 dos 446 novos contaxios.

Segundo especifica o Ministerio de Sanidade, Cataluña, da que este xoves non se ofreceron as súas cifras, "notificou máis casos confirmados de días previos" e ningunha defunción, mentres que Madrid comunicou 376 novos casos, dos que 53 son novos diagnósticos, así como 13 falecementos. 

Comentarios