Morre unha septuaxenaria francesa atrapada baixo o seu coche en Mallorca

A muller non puxo ben o freo de man nun camiño en pendente

Unha muller de nacionalidade francesa de 70 anos faleceu este domingo no hospital Son Espases de Palma tras caer e quedar atrapada baixo o seu coche instantes despois de aparcalo sen pór ben o freo de man nun camiño en pendente en Cala Llamp, no municipio mallorquino de Andratx.

Segundo informaron os Bombeiros de Mallorca e o servizo de urxencias sanitarias 061, o suceso produciuse pouco antes das 13.30 horas cando a muller, de nacionalidade francesa, intentou deter o vehículo que se desprazaba sen control por unha costa.

A ferida quedou aprisiona baixo o vehículo, de onde foi liberada por bombeiros de Calvià con feridas moi graves na cabeza, a cadeira e unha perna.

A vítima sufriu unha parada cardiorrespiratoria que superou grazas a manobras dos sanitarios desprazados ata o lugar dos feitos.

Unha vez estabilizada, foi trasladada de urxencia ao hospital de referencia de Baleares, onde finalmente faleceu, segundo confirmaron fontes do centro médico.

Comentarios