sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Morre Manuel Clavero Arévalo, o arquitecto da España autonómica

Foi ministro nos gobernos de Adolfo Suárez entre 1977 e 1979 e un personaxe crave na configuración do estado autonómico

ClaveroO catedrático de Dereito Administrativo e exministro das Rexións coa UCD Manuel Clavero Arévalo, un dos arquitectos da España das autonomías, morreu este luns en Sevilla aos 95 anos, informaron a Efe fontes familiares. 

Clavero Arévalo, ministro nos Gobernos de Adolfo Suárez entre 1977 e 1979, foi un personaxe crave na configuración do estado autonómico e de que rexións como Andalucía puidesen acceder a este réxime de autogoberno en condicións de igualdade ás autonomías consideradas históricas: Cataluña, País Vasco e Galicia. 

Fundador do Partido Social Liberal Andaluz (PSLA), integrouse na UCD e permaneceu nela ata que, como ministro de Cultura, se opuxo á posición do seu Goberno sobre a celebración do referendo de autonomía para Andalucía o 28 de febreiro de 1980, tras o que fundou un novo partido de vida efémera, Unidade Andaluza, e dedicouse ao seu despacho de avogados. 

De raizame e talante liberais, Manuel Clavero estivo ao pé do canón ata pouco antes de morrer e non era raro velo no seu despacho da Praza de Cuba de Sevilla, en plena actividade profesional, e noutros mesteres como colaboracións xornalísticas e outras sobre temas taurinos, non en balde esta era unha das súas grandes paixóns xunto ao tenis. 

Xa facía tempo que non xogaba o seu partido de tenis todos os mediodías, fixese frío ou calor, pero se mantivo en plena lucidez ata o final quen fora decano da Facultade de Dereito de Sevilla entre 1965 e 1967 e reitor da Hispalense entre 1971 e 1975. 

Morre Manuel Clavero Arévalo, o arquitecto da España autonómica
comentarios