Morre atropelado un lince ibérico na A-5

Un lince ibérico. ARCHIVO
photo_camera Un lince ibérico. ARQUIVO

A Garda Civil e técnicos adscritos ao proxecto Life+Iberlince atoparon morto un exemplar de lince ibérico atropelado na Autovía do Suroeste (A-5), preto da localidade cacereña de Almaraz.

Segundo informou a Efe a Garda Civil, o cadáver foi achado o pasado 8 de novembro no punto quilométrico 197 da A-5.

O sinal GPS do colar emisor que lle foi colocado ao exemplar desaparecera dous días antes da localización do cadáver, que se atopa no Centro de Recuperación de Fauna Los Hornos de Sierra de Fontes, da Dirección Xeral de Medio Ambiente, para facer a correspondente necropsia.

Comentarios