domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

Marta Ferrusola, grave tras sufrir un accidente na súa casa de Girona

Marta Ferrusola con Jordi Pujol. ARQUIVO
Marta Ferrusola con Jordi Pujol. ARQUIVO

A esposa do expresidente da Generalitat Jordi Pujol, Marta Ferrusola, ingresou na tarde deste sábado no Hospital Vall d'Hebron de Barcelona. O seu estado de saúde é grave, segundo informaron fontes do centro médico a última hora da tarde, logo do seu ingreso. 

Segundo avanzou El Món, a muller, de 85 anos, sufriu un accidente na súa casa en Queralbs (Girona), tras o que tivo que ser trasladada ao hospital nun helicóptero medicalizado. 

A última hora da tarde deste domingo a esposa do expresidente Pujol seguía ingresada en estado grave no Vall d'Hebron, tal e como informou o hospital. Ferrusola ten 85 anos, é nai de sete fillos con Jordi Pujol e atópase actualmente procesada pola Audiencia Nacional. 

Este é o segundo accidente que a esposa do exlíder catalán sofre en tres anos. De feito, xustamente o 31 de xullo de 2017 tivo que ser atendida de urxencia no Hospital de Campdèvanol. 

A muller de Jordi Pujol sufriu un forte golpe no tórax nunha caída, tamén na súa casa de veraneo en Queralbs. Como o seu estado non era grave, o mesmo día, ao cabo de poucas horas, foi dada de alta. 

Xusto hai dúas semanas, o xuíz da Audiencia Nacional José de Mátaa pechou a instrución da peza principal do caso Pujol e propuxo xulgar toda a familia —o expresidente da Generalitat, Ferrusola e os seus sete fillos— por organización criminal.

Marta Ferrusola, grave tras sufrir un accidente na súa casa de Girona