Manifestación en Astorga contra os abusos de curas a menores na Bañeza

Un dos párrocos está destinado actualmente no Barco de Valdeorras
Una treintena de exseminaristas se concentraron en Astorga
photo_camera Una treintena de exseminaristas se concentraron en Astorga

As rúas de Astorga acolleron este sábado unha manifestación en defensa das vítimas dos abusos sexuais a menores presuntamente perpetrados polos párrocos do Seminario Menor da Bañeza, en cuxo manifesto pediron que se faga "xustiza real" para os tres casos denunciados "e os que se irán denunciando". Un dos curas denunciado está destinado agora no Barco de Valdeorras (Ourense).

Baixo a lema Todos o vivimos, eles encubrírono, todos somos vítimas, aproximadamente medio centenar de persoas quixeron recordar "o sufrimento ao que foron sometidos os compañeiros, tanto os que o contaron como os que aínda non o fixeron" e denunciar que houbo educadores, titores e sacerdotes que cando as vítimas recorreron a eles, "miraron cara a outro lado".

Ante o anuncio realizado polo Bispo de Astorga, Juan Antonio Menéndez, de realizar unha investigación exhaustiva ante os posibles casos de pederastia, tanto no Seminario Menor San José da Bañeza, como o colexio Xoán XXIII de Poboa de Sanabria, os compañeiros das vítimas preguntáronse "por que foi necesario que o papa investigase o caso de Ramos Gordón para que se investigase" e por que se lle aplicou "unha sanción ridícula dun ano tras a que poderá volver dar catequese e organizar grupos cristiáns"

Un dos párrocos denunciados por abusos que terían lugar a finais dos 70 no seminario menor de San Juan, en La Bañeza, está actualmente destinado no Barco de Valdeorras.

Comentarios