Os últimos datos suxiren unha erupción submarina en marcha ao sur de El Hierro

Os últimos datos recollidos polas estacións do Instituto Xeolóxico Nacional na illa de El Hierro suxiren que hai unha erupción submarina en marcha a uns 2.000 metros de profundidade, no mar das Calmas, informaron a Efe fontes do equipo do CSIC na illa.


El Hierro sufriu desde mediados de xullo ao redor de 9.600 movementos sísmicos provocados pola actividade do magma en subsolo da illa, o máis forte deles na noite do pasado sábado, que alcanzou unha magnitude de 4,3 graos na escala de Richter.

De confirmarse esta erupción, sería a primeira da que se ten constancia en España desde 1971, cando emerxeu o volcán Teneguía na illa da Palma, tamén en Canarias.

Comentarios