Os seis policías detidos por presunto homicidio en Murcia declaran este mércores

Os seis policías detidos onte en Cartaxena pola súa presunta vinculación coa morte dun home en marzo pasarán mañá a disposición do xulgado de garda desa localidade despois de que hoxe conclúa a súa declaración na Xefatura Superior de Policía de Murcia, onde se atopan incomunicados.

Segundo fontes próximas á investigación, algún dos detidos prestaron onte declaración en sede policial para aclarar o ocorrido, dado que, de acordo coas primeiras hipóteses, puideron extralimitarse coa vítima.

Os seis axentes arrestados pertencen á escala básica e están destinados na mesma unidade, nas coñecidas como patrullas Zeta, e na mesma quenda de traballo.

Asuntos internos da Policía instalaría sistemas de escoita e gravación ocultos en tres coches patrulla, o que formaría parte da investigación policial aberta para esclarecer a morte do home.

O Xulgado de Instrución número 4 de Cartaxena declarou o segredo das actuacións e a oficina de prensa da Policía Nacional remítese exclusivamente a unha nota difundida onte sobre o asunto.

Comentarios