Libres con medidas cautelares tres menores acusados de violar a unha moza en Vila-real

A suposta agresión sexual teríase rexistrado o pasado venres
Un coche de la Policía Nacional. EUROPA PRESS
photo_camera Un coche de la Policía Nacional. EUROPA PRESS

O xulgado de garda de Castelló deixou en liberdade con medidas cautelares de afastamento e prohibición de comunicación coa vítima aos tres menores detidos por, presuntamente, violar unha moza de 18 anos o pasado venres en Vila-real, segundo informaron a Efe fontes xudiciais.

O xuíz tomou esa decisión a petición da Fiscalía de menores tras o arresto dos menores acusados da agresión sexual grupal durante as festas patronais da cidade.

A Policía informou este luns da detención de catro menores, pero as citadas fontes precisaron que só tres foron postos a disposición da Fiscalía correspondente. é probable que o cuarto menor presuntamente implicado fose inimputable pola súa idade, aínda que este extremo non puido ser confirmado.