A aventura de Francisco Nicolás... na rede

O mozo que se facía pasar por asesor do Goberno e da Casa Real e que foi detido esta semana acusado dun delito de estafa conseguiu en poucas horas unha lexión de seguidores que encomian as súas andanzas por España sen que ninguén desconfiase do seu cargo. Con tan só 20 anos, Francisco Nicolás Gómez-Iglesias, movíase entre as altas esferas do país sen ocultar a súa identidade real, aínda que autoconcedéndose postos que non ostentaba grazas á documentación falsa que manexaba.

As andanzas do mozo provocaron que un gran número de seguidores encomie entre risas as súas andainas. As bromas non tardaron en aparecer ata o punto de que que 'Francisco Nicolás' converteuse nun dos temas máis comentados da xornada. Ribadeo fora un dos lugares elixidos polo mozo para presentarse, neste caso, como membro da Casa Real.

Comentarios