A Udef cifra en 69 millóns de euros o beneficio "non xustificado" dos Pujol

O informe repasa as contas do clan desde 1990, "cando comezaron unha operativa para ocultar grandes sumas"
El expresidente de la Generalitat, Jordi Pujol, acompañado de su esposa, Marta Ferrusola
photo_camera El expresidente de la Generalitat, Jordi Pujol, acompañado de su esposa, Marta Ferrusola

A familia Pujol-Ferrusola obtivo un "beneficio económico non xustificado" de 69 millóns de euros nas súas contas de Andorra desde 1990, cando comezaron unha operativa para ocultar "grandes sumas de orixe descoñecida" que responde a un "plan preconcibido e ordenado", segundo afirma a Udef nun informe.

Neste informe de 102 páxinas, ao que tivo acceso Efe, a Policía cre que a dinámica de ocultación de diñeiro por parte da familia Pujol encádrase nun delito de organización criminal, xa que actuaba "como un grupo organizado que vía desenvolvendo unha actividade presuntamente ilícita" liderado polo primoxénito, Jordi Pujol Ferrusola.

A Udef cre que o "obxectivo final" desta actividade de branqueo era a "procura dun beneficio económico non xustificado" en diferentes divisas, que cuantifica para cada un dos pais, dos sete irmáns e da ex muller de Jordi Pujol Ferrusola.


A cifra maior correspóndese co primoxénito, que obtería 54,5 millóns de euros en pesetas, euros, dólares, marcos alemáns e libras esterlinas, seguido da súa exmuller Mercé Gironés, que obtivo 3,7 millóns de euros.

Segundo a Policía, o expresidente catalán rexistrou 473 millóns de pesetas (2,84 millóns de euros) nunha conta de Andorra que se lle atribúe, e a súa muller, Marta Ferrusola, outros 683.139 euros.

Estas son as cantidades correspondentes ao resto de fillos: 3,5 millóns de euros de Josep, 955.253 euros de Oriol, 757.708 de Mireia, 695.657 de Marta, 711.561 de Pere e 697.761 de Oleguer.

Comentarios