Abren expediente ao PP polo contrato de Bárcenas

A Axencia Tributaria apunta a unha posible fraude en relación ás cotizacións que este partido realizou polo seu extesoreiro entre os anos 2010 e 2013
Luis Bárcenas (izquierda), acompañado de su abogado durante el juicio
photo_camera Luis Bárcenas (izquierda), acompañado de su abogado durante el juicio

A Tesourería da Seguridade Social, dependente da Axencia Tributaria, abriu unha acta de infracción ao PP en relación ás cotizacións á Seguridade Social que este partido realizou polo seu extesoreiro Luís Bárcenas entre os anos 2010 e 2013.

Segundo informaron a Efe fontes da defensa de Bárcenas, a Tesourería da Seguridade Social notificou unicamente ao extesoreiro a apertura dese expediente, sen ofrecer máis detalles, polo que os seus avogados presentarán nos próximo días as correspondentes alegacións e pedirán que se lles dea traslado do expediente para coñecer o alcance do mesmo e a posible sanción que puidese carrexar ao PP.

A apertura desa acta de infracción realizouse en cumprimento da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que nunha sentenza do pasado 4 de maio, ao confirmar que o despedimento do PP de Bárcenas non foi improcedente, apuntaba a unha posible fraude en relación ás cotizacións á Seguridade Social que este partido realizou polo seu extesoreiro entre os anos 2010 e 2013.

O TSJM considerou acreditada a existencia dunha "simulación" na relación laboral entre o partido e Bárcenas entre o 16 de abril de 2010 -data na que segundo o PP cesaría no seu posto- ata o 31 de xaneiro de 2013, cando causou baixa na Seguridade Social.

Segundo o TSJM, ao haberse simulado polas partes unha relación laboral, efectuáronse cotizacións que "non procedían legalmente" e que "poden ter incidencia en futuras prestacións de Seguridade Social", polo que acordou pór este asunto en coñecemento das instancias competentes, que se traduciu na apertura desa acta de infracción ao PP.

Por outra banda, Bárcenas recorreu este luns a negativa do Xulgado do Social número 31 de Madrid a que o partido lle teña que readmitir ou indemnizar con 900.000 euros, alegando que a súa petición non é extemporánea porque a súa situación de excedencia tras ser considerada fraudulenta a súa contratación entre 2010 e 2013.

Comentarios