A preocupación dos españois pola falta de goberno segue en alza

O paro, a corrupción e a fraude seguen entre os maiores problemas do país segundo o barómetro do CIS de setembro

A falta de goberno en España segue aumentando e sitúase entre os principais problemas do país para os cidadáns, segundo o barómetro de setembro do Centro de Investigacións Sociolóxicas.


Segundo esta enquisa, o 11,6% dos cidadáns ven a falta de goberno como un problema, e sitúano xa como o quinto para o país, por detrás do paro (71,6%), a corrupción e a fraude (36,6%), os políticos (29,3) e os problemas económicos (23,7).

Sobe considerablemente, ademais, a percepción pesimista dos cidadáns sobre a situación política: o 87,1%, dez puntos por encima do barómetro anterior.

E non son tampouco optimistas sobre o futuro: só o 15,4% cren que mellorará, un punto menos que na anterior enquisa.

A falta de goberno colocouse en marzo entre os dez principais problemas do país segundo o CIS no mes de marzo.

En canto á situación económica, segue sendo unha maioría a que considera que é mala ou moi mala, o 64,7%. E só augura que mellore nun ano o 17,2%.

Comentarios