
A Policía Nacional concedeu, a título póstumo, a medalla ao mérito policial con carácter honorífico a Ignacio Echeverría, o español falecido nos atentados da ponte de Londres do pasado 3 de xuño.
Segundo figura na orde xeral do corpo, a condecoración foi ratificada polo ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, tras a proposta do director xeral da Policía, Germán López Iglesias.
Tal e como recorda a orde de concesión da medalla, Echeverría faleceu a consecuencia das feridas sufridas por arma branca causadas por un terrorista, cando, desarmado, defendía a outras persoas, entre elas un axente da British Transport Police.
A primeira ministra británica, Theresa May, chegou a eloxiar o "heroísmo" que mostrou Echeverría no atentado na ponte de Londres.