A choiva dá unha tregua o incendio de Tivissa

A choiva destes días na comunidade catalá favoreceu a extinción do incendio de Tivissa,  na provincia de Tarragona, que calcinou máis de 830 hectáreas de piñeiro branco e matogueira.

O Corpo de Axentes Rurais, en colaboración cos bombeiros, conseguían estabilizar o foco ás 19:35 da tarde de onte. A zona afectada segue supervisada por 37 efectivos terrestres os que se incorporarán esta mesma tarde unha brigada aérea. Durante a madrugada fíxose un palmeo exhaustivo á procura de novas columnas de fume. Un total de 240 efectivos dos bombeiros traballaron onte nas tarefas de extinción, ademais de operativos dos Mossos d'Esquadra, do Corpo de Axentes Rurais, de Protección Civil, e do Sistema de Urxencias Médicas e a Cruz Vermella, que sumaron en total unhas 300 persoas.

A xornada de traballo transcorreu con normalidade e os 51 veciños evacuados, das 28 masías afectadas, puideron regresar os seus fogares. De todos os xeitos, a pesar de que as tarefas de extinción son favorables, a Dirección Xeral de Protección Civil mantén en fase de Prealerta o plan especial de urxencias por incendios forestais de Cataluña, INFOCAT.
 

Comentarios