A Xunta Electoral prohibe a concentración convocada polo 15M para a xornada de reflexión

A delegada do Goberno en Madrid, Concepción Dancausa, apunta que as forzas da orde farán "cumprir a lei"

A Xunta Electoral de Madrid ditamina que a concentración convocada polo movemento 15M para este sábado 23 na Porta do Sol, durante xornada de reflexión das eleccións municipais e autonómicas "é contraria á lexislación electoral" e "non poderá celebrarse".

A delegada do Goberno en Madrid, Concepción Dancausa, anunciouno nunha entrevista en Onda Cero, na que avanzou que os corpos de Seguridade do Estado actuarán do xeito "adecuado e oportuno" no caso de que legado o momento "teñan que facer cumprir a lei".

Dancausa recorda que do movemento 15M "xurdiu Podemos", así como asegurou que a Delegación do Goberno non tiña comunicación oficial por parte do colectivo, de quen di "podía escoller calquera outro día" da campaña para convocar esta concentración, como xa o fixo no seu aniversario do día 15.

Comentarios