A Academia de Televisión, preocupada polo peche de Teledeporte

A Academia de Ciencias e Artes de Televisión mostra unha "grave preocupación" pola intención de RTVE de ''pechar'' Teledeporte e integrar a súa programación en La 2. "Deste xeito, a corporación pretende reducir o seu déficit, unha condición crave imposta polo Goberno para recibir unha achega financeira" da SEPI, segundo sinala a academia nunha nota.

A academia considera que, coa desaparición de Teledeporte, o modelo de oferta global de TDT de RTVE está "abocado á súa desaparición por exclusivas consideracións económicas". Esta medida, prosegue, supón "un recorte" da oferta pública de contidos deportivos e culturais, pois pasará a ser unha canle "híbrida".

Isto terá un prexuízo "grave" para os deportes minoritarios que só se retransmitían en Teledeporte, segundo a academia. Engade que, á súa vez, La 2 sufrirá unha redución da divulgación audiovisual cultural. "Este proceso supón un empobrecimiento da oferta televisiva en España co agravante de que non hai alternativa na grella de programación", segundo o presidente da academia, Manuel Campo Vidal.

Comentarios