Jordi Pujol, a súa muller e os seus fillos, a xuízo por enriquecerse durante décadas con actividades corruptas

O xuíz entende que os membros da familia aproveitaron a súa posición privilexiada de ascendencia na vida política, social e económica catalá durante décadas para acumular un patrimonio desmedido
Jordi Pujol y su esposa, a la llegada a una comparecencia anterior. AGL
photo_camera Jordi Pujol e a súa esposa. AGL

O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata propuxo enviar a xuízo a toda a familia Pujol Ferrusola por formar unha organización criminal para enriquecerse durante décadas con actividades corruptas. Segundo explica o titular do Xulgado Central de Instrución número 5, os Pujol aproveitaron a súa posición privilexiada de ascendencia na vida política, social e económica catalá durante décadas para acumular un patrimonio desmedido directamente relacionado con percepcións económicas derivadas de actividades corruptas

No auto de transformación da causa en procedemento abreviado, que pon fin á instrución da peza principal deste caso, o maxistrado considera que os feitos investigados serían constitutivos de delitos de organización criminal ou asociación ilícita, branqueo de capitais, contra a Facenda Pública e falsidade documental.

Na resolución, o xuíz procede contra o expresidente da Generalitat Jordi Pujol, a súa muller Marta Ferrusola e os seus sete fillos, ademais de contra outras 18 persoas que participaron ou colaboraron nas actividades ilegais, entre eles a exmuller de Jordi Pujol Ferrusola, Mercé Gironés, ou os empresarios Luís Delso Heras, Carlos Sumarroca Coixet e Carlos Sumarroca Claverol. 

Acorda tamén o sobresemento provisional parcial da causa en relación con Ramón Gironés Rise, Ana Vidal Maragall e Amelia Barrigón Lafita.

Comentarios